IES VALADARES

IES VALADARES

viernes, 18 de marzo de 2016

MARZO - RECOMENDACIÓN DE LECTURA PARA OS PAIS



Para os pais recomendamos este mes: Antonio Cazorla (2015: Miedo y progreso: los españoles de a pie bajo el franquismo, 1939-1975, Alianza Ensayo. 




 A mensaxe da ditadura de Franco durante 40 anos de propaganda foi que trouxera a paz e a orde a España. Pero a base do modelo franquista estivo na combinación de medo e fame, no asasinato de líderes sindicais, a destrución de organizacións e a imposición do terror e da opresión socio-económica. E nos anos sesenta, coas políticas macroeconómicas e cos traballadores controlados, o franquismo garantiu un ambiente positivo para a explotación do traballo polo Estado e polo capital privado.

miércoles, 16 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL - 21 DE MARZO

Para ler estas vacacións e conmemorar o Día internacional da eliminación da discriminación racial, propoñémosvos a lectura dun texto apaixonante :


Morton Rhue  (2010): La ola .Editorial Takatuka.


Cando o profesor Ben Ross durante unha clase de Historia no Instituto  fala sobre o nazismo, os seus alumnos non poden entender o comportamento cego dos alemáns nin como puideron manipularlles, eles nunca se deixaran manipular. O profesor decide levar a cabo un experimento para demostrar que  o que sucedeu en Alemaña pode repetirse en calquera momento e en calquera lugar.




martes, 8 de marzo de 2016

CLUB DE LECTURA - VISITA DE FRAN P. LORENZO

Este luns 7 de marzo visitounos finalmente o escritor Fran P. Lorenzo para falarnos da súa novela Cabalos e lobos.
Amena sesión da que dá testemuño este documento gráfico e o seu recordo no chan do Paseo da Literatura do noso instituto.





viernes, 4 de marzo de 2016

CLUB DE LECTURA - FRAN P. LORENZO O VINDEIRO LUNS

O vindeiro luns 7 de marzo, ás 18'30, teremos no noso Club de Lectura ao escritor Fran P. Lorenzo para falarnos da súa novela Cabalos e lobos gañadora do Premio Blanco Amor 2014.



Naceu en Vigo en 1973. É licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago (1995) e traballou entre outras cabeceiras en Galicia Hoxe e O Correo Galego, onde segue a exercer na actualidade. Foi un dos fundadores do xornal dixital Diovivo e mantén o blog Un país en lata.



    
“Pasaran máis de quince anos e mamá aínda se refería a aquela noite de verán de 1960 como a Noite da Caída. Esa elipse poética convertía o suicidio do meu pai nun acto involuntario e fatal pero, sobre todo, evítaballe a ela a dolorosa obriga de buscarlle explicacións. A morte de papá abateu o loito sobre a alma de Gloria e converteu a casa de Gran Vía nº2 nunha embaixada de infelicidade. Sen sabelo e poida que sen querelo, Ramón Costa, axente comercial e de tránsitos, administrador delegado da sociedade familiar Sucesores de A. Beckmann, puxéralle o punto final a un relato que tamén era o noso. O meu nome figura xa nas primeiras liñas dun novo episodio: Paula Costa Beckmann. Eu son a nena de tres anos que chora na escuridade... “
                                          Cabalos e lobos, ed. Xerais 2015





CONCERTO POÉTICO-MUSICAL

María Lado e Lucía Aldao visitáronos nun concerto no que mesturaron os seus poemas e a música. Asistiron os alumnos de 1º de ESO. 
E, finalmente, deixaron a súa pegada no noso Paseo literario.