IES VALADARES

IES VALADARES

jueves, 8 de diciembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS - 10 DE DECEMBRO

O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, aprobado pola ONU en 1948. Todos os anos celébrase cun lema adicado á defensa dos dereitos das persoas máis desfavorecidas ou dos grupos en risco grave por motivos sociais, relixiosos, sexuais ou políticos. Este ano, 2016, o lema é "Defende hoxe os dereitos dos demais", unha chamada xeral para defender sen exclusións os dereitos de calquera persona en calquer lugar do mundo, en especial os de aquelas persoas que poidan ser discriminadas ou sufrir algún acto violento. Os conflitos armados, a restricción de libertades e a impunidade oscurecen o panorama mundial hoxe




 En Vigo. Amnistía Internacional convoca un acto público, con recollida de sinaturas, este sábado 10 na Praza de América, de 11'30 a 14'00 horas. O artista Carlos Tomico levará a cabo un espectáculo de maxia.
En España, Amnistía denuncia os casos de Annie Alfred, víctima da superstición e da maxia en Malawi polo simple feito de ser albina, de Máxima Acuña, atacada por defender a terra e o medio ambiente en Perú, e de Eren Kesin, procesada máis de cen veces en Turquía por levantar a voz contra o goberno.

jueves, 1 de diciembre de 2016

CLUB DE LECTURA - VISITA DE MARCOS CALVEIRO

          Con Marcos Calveiro e a súa novela Fontán atravesamos esa porta que non se ve, pero que ás veces nos separa, entre as ciencias e as letras. Estamos ante unha novela cuxo protagonista é Domingo Fontán, un home de ciencia do século XIX, o topógrafo e matemático que elaborou o primeiro mapa científico de Galiza, mais tamén un amante das linguas clásicas e modernas, un home que se forma en leis, un político liberal ..., en definitiva, un ser humano que gozaba co coñecemento.

         Nesta novela tamén nos achegamos a eses momentos convulsos do XIX coas alternancias no poder entre liberais e absolutistas que tanto dano causaron entre a intelectualidade da época. Asistimos ao levantamento de Solís, á invasión francesa, á chegada do ferrocarril a Galiza. Vemos a Verne, á astrónoma Caroline Herschel e ao seu irmán Willliam, aos pintores Villaamil e Fierros, ao tamén científico galego Xosé Rodríguez, ao músico Haydn ...

         Asemade, Marcos Calveiro é un escritor que traspasa os límites: un home de leis que escribe literatura e que gaña a vida actualmente cun café, O Badía, en Teis, preto do cruzamento dos Caños. 

         Un encontro, o que tivemos, interesante e intenso. Novas nais entraron a formar parte do club. A elas dámoslles a benvida e ao grupo en xeral as grazas pola súa asistencia.

         Velaquí vos deixamos unhas instantáneas e unha copia do vinilo que xa forma parte do noso paseo das estrelas literarias:


Marcos Calveiro xa figura no noso Paseo da Literatura






viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO - 25 DE NOVEMBRO




Queridas compañeiras e queridos compañeiros, no día de mañá, 25 de novembro, queremos sumarnos á denuncia da violencia contra as mulleres a través da creación poética e da creación plástica.
Poñemos á vosa disposición, na entrada do instituto, no andel denominado "Cartafol de poesía", un poema de Marta Dacosta e outro de Helena Villar Janeiro.  
Animámosvos a facer unha recitación na aula, coas vosas titorías ou noutras sesións.
Asemade, na biblioteca, estamos a organizar unha pequena exposición de carteis alusivos ao tema,  elaborados polo alumnado. 
Deixámosvos uns enlaces con material interesante por se queredes usalos na  aula.


Un saúdo. O equipo de biblioteca.

1.-

Non é amor


Por que, nos contos que gardabas, eu era a devorada,
por que, na imaxe do amor puro, a moza estaba morta,
por que, no mito que teciches, urdiches o abandono,
por que, no afán de posuírme, cegaches os meus ollos.

Mírame agora que son silencio, eternidade,
mira o meu corpo branco, case azul na quietude,
son Ofelia de novo aboiando nas augas,
arrastrada na historia dun mundo á túa imaxe.
Ofelia case azul, xa para sempre muda,
inmóbil perfección de obxecto posuído.
Ergue a man, Ofelia, esa man que aínda leva
o sangue, a pel, a proba do delirio covarde.

Como se pode amar o camiño da morte,
como se pode amar o silencio do medo.
Que non, non é amor ese velo de sombra,
non, non é amor a negación do soño,
non, non é amor o desprezo estridente,
non, non é amor a voz que todo cala,
non pode ser amor esa ventá escura,
pois non, non é amor esa porta fechada.

Non te quero máis branca, nin azul, nin silencio,
non te quero aboiando nese río de sombra.
Érguete Ofelia, esperta e renega do conto,
non cegues os teus ollos, que o corpo che pertence,
renega dese mito que mata as túas entrañas,
renega do amor puro que te viste de morte.


MARTA DACOSTA, “Non é amor”, Acuática alma.


2.-

O DESEÑO DAS MANS
      ( Baseado no poema " O deseño das mans" de Helena Villar Janeiro)
Presentámosvos este vídeo, elaborado a partir dun poema de Helena Villar Janeiro, onde manifestamos a nosa solidariedade coas vítimas da violencia de xénero e apostamos pola coeducación como instrumento necesario para erradicar esta lacra social.
O enlace é: http://biblioribeira.blogspot.com.es/2013/11/o-deseno-das-mans.html


lunes, 24 de octubre de 2016

CLUB DE LECTURA - MARCOS CALVEIRO

Resultado de imagen de marcos calveiro fontan
Fontán
Reanudamos xa as actividades do Club de Lectura do presente curso o vindeiro luns 28 de novembro ás 18,30 horas coa novela Fontán e contaremos coa presenza do seu autor Marcos Calveiro. A novela está editada por Galaxia e foi premio de narrativa breve Repsol 2015.
Na Conserxería do Instituto hai exemplares da obra para poder lerla.

   

sábado, 22 de octubre de 2016

HORA DE LER 2016-2017

Este vindeiro luns 24 de outubro comeza a actividade da Hora de Ler, que pretende fomentar a lectura entre o alumnado do noso centro. Este curso mercamos unas caixas moi bonitiñas para que cada grupo do instituto tiña os seus libros perfectamente recollidos e localizados.

Estas son as normas básicas de funcionamiento. 

NORMAS PARA A “HORA DE LER” EN 1º E 2º DE ESO 

 - En cada aula hai unha serie de libros que configuran a biblioteca de aula para a “Hora de Ler”.  
- Cada alumno/a elixirá, entre os libros da biblioteca de aula, aquel que desexe ler. 
- Tamén poden traerse da casa libros de lectura que parezan interesantes. 
 - Ao rematar a “Hora de ler”, os libros depositaranse no lugar en que estaban colocados. O/A bibliotecaria/o de aula vixiará que así sexa. 
 - Está permitido nesta hora a lectura de revistas culturais ou cómics. 
 - Non se poden ler nesta hora os libros que sexan de lectura obrigatoria en calquera materia. 
 - Todos/as estades invitados/as a facer unha achega persoal sobre o libro que estades a ler. Como? Poñerase un panel nun espazo visible do instituto onde poderedes colocar: unha cita que vos pareza interesante do libro, un debuxo relacionado coa lectura, unha reflexión sobre o libro, unha recensión, un slogan que anime á súa lectura, etc... Cómpre que vaia o voso nome e o curso porque se valorará positivamente a colaboración de todos/as vós.

NORMAS PARA A "HORA DE LER" EN 3º E 4º DE ESO

Cada departamento e cada profesor organizará esta hora segundo a súa programación didáctica.

O calendario para este curso é este:




lunes, 6 de junio de 2016

CLUB DE LECTURA - ESTÍBALIZ ESPINOSA

As cerezas son un fruto poético, ... e prohibido? Quizais así o pensa Estíbaliz Espinosa, que nos visitou e deleitou coa súa obra poética, repartindo versos e simpatía para todos.
Forma parte xa do noso famoso paseo literario da fama, paseo cada vez con máis integrantes e codiciado pola fauna literaria que visita e visitará o noso centro educativo.

Velaquí o testemuño gráfico do encontro poético.







viernes, 27 de mayo de 2016

CUESTIONARIO PARA O PROFESORADO

E, finalmente, unha enquisa similar para o profesorado do centro.


Grazas a todos.

CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS

Aquí a enquisa para as familias, co mesmo rogo de sinceridade.



CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO

A piques xa de rematar o curso académico, insertamos aquí unhas enquisas para avaliar o funcionamento da biblioteca e os cambios que estamos a facer. Interésanos a opinión sincera dos que respondan, para axudarnos a mellorar nos vindeiros anos.

Primeiro, a enquisa para os alumnos:



miércoles, 18 de mayo de 2016

CAMBIOS NA BIBLIOTECA (DENDE 2014 A 2016)

Nestes últimos anos, a biblioteca está a experimentar un proceso de modernización de espazos e apariencia e de actualización do proceso de catalogación.
É un traballo laborioso e duro, que non sempre resulta apreciable para os usuarios (ao contrario, pode resultarlles molesto), pero que nos parece imprescindible para mellorar o seu funcionamento diario.

Nesta presentación preténdese ofrecer unha imaxe dese proceso.



viernes, 13 de mayo de 2016

CLUB DE LECTURA CON ESTÍBALIZ ESPINOSA



O vindeiro luns 30 de maio, ás 18'30 h., visitaranos a poeta Estíbaliz Espinosa no noso Club de Lectura. Leranos os seus poemas e teremos a oportunidade de charlar con ela sobre o feito poético.

Na súa páxina atopamos información sobre os seus traballos actuais. Naceu en A Coruña en 1974 e publicou varios libros de poesía, como Pan (libro de ler e desler), -orama, Número e, Zoommm, textos biónicos, e foi incluída en varias antoloxías canónicas da poesía galega do século XXI.

NOVIDADES DE MAIO 2016

As principais novidades deste mes de maio son varios mangas que adquirimos para a biblioteca. Moitos alumnos demandábaos dende hai tempo e agora comezamos coa compra dalgúns.











E como non todo ía ser manga, tamén un cómic dun autor xa clásico:



lunes, 25 de abril de 2016

CERVANTÍZATE (II)

O venres 22 conmemorouse no noso instituto o aniversario da morte de Cervantes hai 400 anos. Ademais da exposición que durante toda a semana estivo colocada na entrada do instituto, este venres representáronse diversos pasaxes do Quijote no salón de actos.





Os alumnos de 3º foron levando a escena algúns famosos diálogos. 







Agradecemos a todos eles a súa implicación na representación.


lunes, 18 de abril de 2016

CERVANTÍZATE

A semana do 18 ao 22 de abril é o momento de conmemorar o aniversario de Cervantes. A súa figura literaria e humana é motivo este ano en todo o mundo de exposicións, debates, publicacións e todos os tipos posibles de celebracións festivas e académicas. Unha interesante páxina sobre a súa vida a as ditas conmemoracións pode verse en  http://400cervantes.es/.
No noso instituto, modestamente, contribuimos cunha exposición na entrada del e coa lectura do Quijote o venres.

A exposición estructúrase en catro áreas temáticas:

- edicións do Quijote en varias linguas:





- frases célebres da obra:








- recreacións quijotescas:













- fragmentos da obra e a súa vida:






viernes, 15 de abril de 2016

DÍA MUNDIAL DO LIBRO - ANIVERSARIO DE CERVANTES



IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega 23-04-1616 - 23-04-2016

O 23 de abril de 2016 cúmplense 400 anos da morte destes tres insignes escritores. Tamén un 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia General da UNESCO en 1996 para "rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura e respetar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
En España, celébrase o Día do Libro dende 1926, en época de Alfonso XIII.

En realidade, ningún deles morreu ese día. No século XVII, a data habitualmente rexistrada non era a da morte, senón a do enterro. Cervantes morreu o 22 de abril e foi humildemente enterrado o día 23. O Inca Garcilaso non se sabe con exactitude cando deixou este mundo, pero debeu de ser o 24 de abril. O caso de Shakespeare é moi diferente, porque habería ter nada menos que dez días para acudir ao enterro de Cervantes, xa que en Inglaterra aínda se empregaba o calendario xuliano por aquelas datas. Explícase a diferencia porque en 1582 o Papa Gregorio XIII modificou o tradicional calendario usado dende época romana para solucionar os desfases en que incurría, modificación aceptada inmediatamente nos países católicos, pero non nos demais países europeos ata moito tempo despois (Gran Bretaña non o adoptaría ata 1752). Así, Shakespeare morreu o 23 de abril de 1616 no calendario xuliano, pero o 3 de maio no noso calendario gregoriano. Foi a metade do século XIX cando Víctor Hugo deuse conta da aparente coincidencia das mortes destos dous grandes escritores.