IES VALADARES

IES VALADARES

viernes, 18 de diciembre de 2015

CLUB DE LECTURA - FRAN P. LORENZO

Xa contamos coa próxima lectura para o vindeiro ano 2016. Trátase de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, novela gañadora do Premio Blanco Amor na súa edición de 2014.




A visita do escritor está prevista para o luns 7 de marzo, ás 18'30 h.

Boa lectura.


Porque sei que te verás recoñecida neste relato de mulleres que loitan polo que queren, que aman sen medida, que perden a confianza e que a volven a gañar e que habitan, con forza, as capitais do seu exilio.

NADAL - RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

A biblioteca comeza este curso cun bo costume que trataremos de manter nos vindeiros: recomendacións de lecturas para as vacacións, tanto para pais como para alumnos.



FELIZ NADAL E BO 2016

martes, 1 de diciembre de 2015

CLUB DE LECTURA - XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO

Onte 30 de novembro desenvolveuse a segunda sesión do Club de Lectura no instituto, coa visita do escritor Álvarez Cáccamo. 
Falou do seu último libro, a novela As últimas galerías, e deixou o seu recordo na entrada do instituto coa descuberta doutra "baldosa literaria", e van dous xa, do noso peculiar paeo literario.




Pode lerse outra reseña "in situ" no blog do noso compañeiro Ramón Nicolás.