IES VALADARES

IES VALADARES

miércoles, 25 de noviembre de 2015

CLUB DE LECTURA - ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Onte 24 de novembro o Club de Lectura do alumnado recibiu a visita do poeta Antonio García Teixeiro. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO seguiron atentamente na Biblioteca como o poeta iba debullando os seus versos e as súas historias, as metáforas, os acrósticos ... que foron os protagonistas desta xornada poética.
Ao remate, o escritor inaugurou un novo espazo no Centro, o Paseo da Literatura. Este espazo contará cunha baldosa literaria onde atoparemos un poema e unha foto do escritor que visite o centro; así, mentres o alumnado chega ao instituto, poderá xogar e aprender poesía.
Grazas ao escritor vigués por visitarnos, contaxiarnos e quentarnos na fogueira dos versos.







jueves, 12 de noviembre de 2015

CLUB DE LECTURA - COMEZO DAS ACTIVIDADES

Neste mes de novembro comezan xa as actividades do club de lectura. 


Para os alumnos de 2º de ESO do instituto, o vindeiro martes 24 de novembro (2ª e 3ª horas), o escritor Antonio García Teijeiro falará da súa obra A fogueira dos versos.

Antonio García Teijeiro

Xosé Mª Álvarez Cáccamo


Para os adultos, o luns 30 de novembro, ás 18'30 horas, o escritor Xosé Mª Álvarez Cáccamo comentará o seu último título As últimas galerías.